← Volver atrás

Rodríguez Hermo, Juan

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Procesado

Nacemento:

A Pobra do Caramiñal
(A Coruña)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Patrón de costa, 35 anos. Veciño da Angustia, Santo Isidro de Posmarcos, A Pobra do Caramiñal. Irmán de Vicente Rodríguez Hermo, fuxido e encarcerado. Patrón do bou Eva.

Procesado.

Enxuizárono polos sucesos do bou Eva, un barco da baixura, cando se preparaba unha fuga de persoas das esquerdas aos que acosaban a Garda Civil e os falanxistas.

Xulgado en Vigo (Pontevedra) polo delito de adhesión á rebelión (asalto do Eva) co resultado de sentenza de sobresemento provisorio e posto en liberdade.

Luis Álvarez González preparou o plan de fuxida do bou Eva cara Francia ou cara algún porto do Cantábrico que permanecera adepto á República.

O operativo de fuga activouse sobre as 03:00 h do día 23 de abril e os republicanos trataban de fuxir desde o porto do Berbés, en Vigo (Pontevedra), cara Francia, para escapar das represalias franquistas. Agocháronse na adega do barco, pero traizoounos e delatounos un mariñeiro da tripulación. Os represores asolagaron o barco con auga fría e logo auga quente para rendelos; os asaltados preferiron suicidarse. Todos tiñan un tiro na tempa de entrada pola esquerda, agás Ángel Nogueira, quen posiblemente matou aos compañeiros e logo suicidouse.

Nesta acción, suicidándose, morreron nove persoas de ideoloxía republicana: Luis Álvarez González, obreiro naval; Camilo Campos Méndez, barbeiro; José Losada Castelao, mestre; Manuel Martínez Maroño, mariñeiro; Carmen Miguel Agra, traballo na casa; Ángel Nogueira Nogueira, empregado (home de Carmen Miguel); Manuel Rodríguez Castelao, mestre, (medio irmán de José Losada); Fernando Rodríguez Lorenzo, albanel; José Rodríguez Lorenzo, albanel.

Da tripulación do barco sobreseron as causas contra Juan Rodríguez Hermo, patrón; Francisco Blanco Mariño, contramestre e o marmitón Ataulfo Clambor López. Ao cociñeiro José-Andrés Vidal Álvarez e ao mariñeiro Sebastián Carcaño Leiro, encarceráronos.

O político ferrolán Domingo Pombo López, líder do Partido Galeguista (PG) en Ferrol (A Coruña), salvouse da morte por chegar tarde á cita; cando viu todo o operativo represor, fuxiu da zona.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.