← Volver atrás

Nogueira Nogueira, Ángel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Suicidio

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
- 23/04/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado, 30 anos. Casado con Carmen Miguel Agra, ama de casa e que morreu con el; tiñan dúas fillas de curta idade, que quedaron a cargo dos seus pais: Conchita e Carmiña. Veciños de Vigo. Ángel era encargado da Conserveira Gándara e Haz, en Guixar, San Salvador de Teis, Vigo.

Dirixente do PCE en Vigo e militante da UXT.

Detido polos sucesos que se produciron durante a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

Fuxido. Suicidio.

No momento no que se produce a sublevación dos militares enfrontouse, con outros obreiros de Teis e Lavadores, ás forzas rebeldes nas rúas de Vigo.

Desde que se produciu o golpe de Estado andou agochado coa súa dona na procura dunha vía de saída para escapar da represión franquista.

Morte rexistrada en Vigo por mor dun tiro de bala.

Luis Álvarez González preparou o plan de fuxida do bou Eva cara Francia ou cara algún porto do Cantábrico que permanecera adepto á República.

Suicídase dun disparo na tempa na caixa de cadeas do bou Eva, un barco da baixura, cando os acosaban a Garda Civil e os falanxistas.

O operativo de fuga activouse sobre as 03:00 h do día 23 de abril e os republicanos trataban de fuxir desde o porto do Berbés, en Vigo, cara Francia, para escapar das represalias franquistas. Agocháronse na adega do barco, pero traizoounos e delatounos un mariñeiro da tripulación. Os represores asolagaron o barco con auga fría e logo quente para rendelos (segundo outras fontes ameazaron con asolagar o bou); os asaltados preferiron suicidarse. Todos tiñan un tiro na tempa de entrada pola esquerda, agás Ángel Nogueira, quen posiblemente matou aos compañeiros e logo suicidouse.

Nesta acción, suicidándose, morreron nove persoas de ideoloxía republicana: Luis Álvarez González, obreiro naval; Camilo Campos Méndez, barbeiro; José Losada Castelao, mestre; Manuel Martínez Maroño, mariñeiro; Carmen Miguel Agra, traballo na casa; Ángel Nogueira Nogueira, empregado (home de Carmen Miguel); Manuel Rodríguez Castelao, mestre, (medio irmán de José Losada); Fernando Rodríguez Lorenzo, albanel; José Rodríguez Lorenzo, albanel.

Da tripulación do barco sobreseron as causas contra: Juan Rodríguez Hermo, patrón; Francisco Blanco Mariño, contramestre e o marmitón Ataulfo Clambor López. Ao cociñeiro José-Andrés Vidal Álvarez e ao mariñeiro Sebastián Carcaño Leiro, encarceráronos.

O político ferrolán Domingo Pombo López, líder do Partido Galeguista (PG) en Ferrol (A Coruña), salvouse da morte por chegar tarde á cita; cando viu todo o operativo represor, fuxiu da zona.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.