← Volver atrás

Bouza-Brey Trillo, Luis

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Encarcerado

Nacemento:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 01/08/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vilagarcía de Arousa
- 23/03/1980 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, escritor e político, 30 anos. Casado con Celia Villar Padín; tiveron tres fillos: Luis, Carlos e Gonzalo. Irmán de Fermín Bouza-Brey Trillo, depurado. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC), licenciándose no ano 1928. No ano 1929 destinárono como xuíz de primeira instancia á Estrada.

Foi un dos fundadores, no ano 1923, do Seminario de Estudos Galegos (SEG).

Colaborador de El Pueblo Gallego.

Militou na Partido Galeguista (PG) e sería un dos seus dirixentes en Vilagarcía de Arousa.

Depurado. Encarcerado.

Prendérono despois do golpe militar.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 21/01/1937, polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza de absolución e proposta de sanción económica. Suspendérono durante dous meses de emprego e soldo.

No mesmo procedemento xulgaron a: Manuel Abalo Lamas, peón; Luis Bouza-Brey Trillo, avogado e escritor; José Caneda Blanco, labrego; Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso, xornalista; Rogelio Diz Fuentes, labrego Luis Diz Reimúndez, labrego; Luis Doeste Mariño, canteiro; Laureano Fernández Caamaño; Manuel Fernández Oubiña, labrego; José-Manuel García González, zapateiro; Eugenio Lamas Bugallo, canteiro; Antonio Názara Pesado, mariñeiro; Aurelio Parejo González, empregado; Germán Quintela Novoa, médico; Manuel Rey Urcera, labrego; Daniel Robado Castro, empregado; Tomás Romero Vidal, labrego; Manuel Teira López, estudante; José-Manuel Urcera Barros, xornaleiro; José Vidal Bugallo, panadeiro, e Salvador Vidal Fontán, metalúrxico.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1940.

Adicouse a procesar a xente das esquerdas para evitar que caeran nas mans da xustiza militar.

No ano 1964 era académico correspondente da Real Academia Galega (RAG).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha