← Volver atrás

Urcera Barros, José-Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Morte na cadea.

Nacemento:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Cristobal, Pamplona
(Navarra)
- 22/05/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornaleiro, 22 anos. Solteiro. Veciño de Vilagarcía de Arousa. Irmán de Marcelino Urcera Barros, condenado a cadea perpetua.

Fuxido. Encarcerado. Morte na cadea.

Xulgado en Ferrol (A Coruña) polo delito de deserción co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Capturado os franquistas.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 21/01/1937 polo delito de rebelión militar, con outros veciños republicanos. Houbo que repetir o consello de guerra por “omisión dun dos trámites” e que rematou co resultado de sentenza a 12 anos e un día de cadea o día 14/02/1937.

No mesmo procedemento xulgaron a: Manuel Abalo Lamas, peón; Luis Bouza-Brey Trillo, avogado e escritor; José Caneda Blanco, labrego; Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso, xornalista; Rogelio Diz Fuentes, labrego Luis Diz Reimúndez, labrego; Luis Doeste Mariño, canteiro; Laureano Fernández Caamaño; Manuel Fernández Oubiña, labrego; José-Manuel García González, zapateiro; Eugenio Lamas Bugallo, canteiro; Antonio Názara Pesado, mariñeiro; Aurelio Parejo González, empregado; Germán Quintela Novoa, médico; Manuel Rey Urcera, labrego; Daniel Robado Castro, empregado; Tomás Romero Vidal, labrego; Manuel Teira López, estudante; José-Manuel Urcera Barros, xornaleiro; José Vidal Bugallo, panadeiro, e Salvador Vidal Fontán, metalúrxico.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Trasladado ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 16/05/1937. Morto no intento de fuxida masiva desta cadea.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha