← Volver atrás

Quintela Novoa, Germán

Alcume: Xermán Quintela
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Trenque Lauquen, Bos Aires
(República Arxentina)
- 24/08/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bos Aires
(República Arxentina)
- 26/06/2001 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico e político, 27 anos. Casado con Amalia de Giácomi Fontana. Veciños de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Fillo de emigrantes galegos, retornou de neno a Galicia. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e licenciouse no ano 1931. Exerceu como médico privado en Vilagarcía de Arousa ata o ano 1936.

Durante a súa etapa de estudante foi membro da Federación Universitaria Escolar (FUE). No ano 1933 era presidente do Partido Galeguista (PG) en Vilagarcía de Arousa.

Encarcerado. Exiliado.

Prendérono os franquistas o día 15/08/1936.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 21/01/1937 polo delito de auxilio á rebelión, con outros republicanos da súa vila, co resultado de sentenza de absolución con proposta de sanción económica.

No mesmo procedemento xulgaron a: Manuel Abalo Lamas, peón; Luis Bouza-Brey Trillo, avogado e escritor; José Caneda Blanco, labrego; Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso, xornalista; Rogelio Diz Fuentes, labrego; Luis Diz Reimúndez, labrego; Luis Doeste Mariño, canteiro; Laureano Fernández Caamaño; Manuel Fernández Oubiña, labrego; José-Manuel García González, zapateiro; Eugenio Lamas Bugallo, canteiro; Antonio Názara Pesado, mariñeiro; Aurelio Parejo González, empregado; Germán Quintela Novoa, médico; Manuel Rey Urcera, labrego; Daniel Robado Castro, empregado; Tomás Romero Vidal, labrego; Manuel Teira López, estudante; José-Manuel Urcera Barros, xornaleiro; José Vidal Bugallo, panadeiro, e Salvador Vidal Fontán, metalúrxico.

Internárono na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra) ata marzo de 1937.

O seu pai tivo que pagar unha importante cantidade de cartos para sacalo da cadea e para evitar que seguise adiante o seu proceso represivo.

En febreiro de 1938 marchou para a República Arxentina, vía Lisboa (Portugal). Traballou no sanatorio do Centro Galego de Bos Aires, do que chegou a ser subdirector.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.