Nacemento:
Morte:
Panadeiro e mariñeiro, 24 anos. Casado. Veciño de Vilagarcía de Arousa.
Militante da CNT.
Encarcerado.
Nos anos da guerra adicouse a cometer sabotaxes na zona de Vilagarcía de Arousa contra o alumeado público e as vías de comunicación na compañía de Ramón Díaz Hermo.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 21/01/1937 polo delito de auxilio á rebelión (atraco a man armada), con outros republicanos da súa vila, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do 08/02/1937.
No mesmo procedemento xulgaron a: Manuel Abalo Lamas, peón; Luis Bouza-Brey Trillo, avogado e escritor; José Caneda Blanco, labrego; Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso, xornalista; Rogelio Diz Fuentes, labrego Luis Diz Reimúndez, labrego; Luis Doeste Mariño, canteiro; Laureano Fernández Caamaño; Manuel Fernández Oubiña, labrego; José-Manuel García González, zapateiro; Eugenio Lamas Bugallo, canteiro; Antonio Názara Pesado, mariñeiro; Aurelio Parejo González, empregado; Germán Quintela Novoa, médico; Manuel Rey Urcera, labrego; Daniel Robado Castro, empregado; Tomás Romero Vidal, labrego; Manuel Teira López, estudante; José-Manuel Urcera Barros, xornaleiro; José Vidal Bugallo, panadeiro, e Salvador Vidal Fontán, metalúrxico.
Internárono na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
O día 16/05/1937 ingresou no Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra).
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra e puxérono en liberdade o día 02/09/1940.
Deste entón actuou na clandestinidade.
Volveron prendelo no ano 1943 por participar nun atraco, con Ramón Díaz Hermo e Santiago Rey N.. Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de colaboración cos guerrilleiros antifranquistas, na causa 259/44, co resultado de sentenza a seis anos de cadea.
O tribunal condenou a seis anos de cadea a José Vidal Bugallo. Tamén procesaron a: Ramón Díaz Hermo, Santiago Rey N. e José-María Rodríguez Eiras.
O día 11/12/1944 ingresou na prisión de Santa Isabel de Santiago de Compostela (A Coruña) e puxérono en liberdade o día 18/01/1946.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.