Nacemento:
Morte:
Serrador e político, 21 anos. Solteiro. Veciño de Santiago do Carril, Vilagarcía.
Militante do PCE. Dirixente do Ateneo Popular e membro do Sindicato de Peóns, da CNT, de Vilagarcía de Arousa.
Encarcerado. Sancionado.
Nos anos da guerra civil adicouse a cometer sabotaxes na zona de Vilagarcía de Arousa contra o alumeado público e as vías de comunicación. Tamén se implicou no asalto á reitoral de San Mamede de Abalo, Catoira (Pontevedra), onde recolleron víveres e queimaron unha bandeira monárquica. Prendérono os facciosos.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra acusado de auxilio á rebelión, na causa 1070/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua e multa de 100 pesetas.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Trasladado ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 16/01/1937.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra; obtén a liberdade condicional o día 02/09/1940.
Incorporouse á guerrilla e volveu ser detido en 1943 por participar nun atraco en Lousame (A Coruña) con José Vidal Bugallo e Santiago Rey N..
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela polo delito de colaboración coa guerrilla antifranquista na causa 158/44; o tribunal condenou a seis anos de cadea a José Vidal Bugallo. Tamén procesaron a: Ramón Díaz Hermo, Santiago Rey N. e José-María Rodríguez Eiras.
Prendérono de novo e xulgárono en Santiago de Compostela o día 09/12/1944, na causa 259/44, co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilárono na cidade compostelá ás 08:00 h con Santiago Rey N..
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.