← Volver atrás

Bouza-Brey Trillo, Fermín

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado

Nacemento:

Ponteareas
(Pontevedra)
- 31/03/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 11/06/1973 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Historiador, escritor e maxistrado, 35 anos. Casado con Emilia Álvarez Álvarez; tiveron tres fillas e dous fillos: Emilia, Fermín, Isabel, José e María-Luisa. Veciños da Estrada (Pontevedra). Licenciado en Dereito en 1924 e en Filosofía e Letras en 1931 na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Xuíz desde 192e en Viella, Val de Arán (Lleida). No ano 1930 era xuíz de primeira instancia na Estrada (Pontevedra). Irmán de Luis Bouza-Brey Trillo, procesado.

Militante do Partido Galeguista (PG).

Un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos (SEG).

Colaborou nas revistas galegas Cristal, Resol e Nós e co xornal A Nosa Terra.

Depurado.

Despois do triunfo da sublevación militar ábreselle un expediente de depuración no ano 1937; separárono do servizo ata 1938 e inhabilitárono para o exercicio da avogacía. Acusárono de masón, galeguista e desafecto ao Movimiento Nacional.

Marchou a Burgos coa súa dona para fuxir da represión.

Rehabilitárono no ano 1939 e nomeárono xuíz xurídico-militar en Lleida; pronto puido regresar á Estrada.

Ingresou na Real Academia Galega (RAG) o 27/07/1941 e permaneceu ata 1973.

Foi profesor na Facultade de Dereito da USC.

No ano 1942 destinárono como xuíz a Santiago de Compostela. Tamén exerceu de maxistrado en Lugo, Pontevedra e Oviedo (Principado de Asturias).

Volveron separalo da xudicatura de 1952 a 1956.

Adicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 1992.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha