← Volver atrás

Caamaño Pato, Matilde

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

Negreira
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casou no ano 1920 co médico e político Amancio Caamaño Cimadevila; tiveron dúas fillas e un fillo: Matulas, Milocha e Amancio. Veciños de Pontevedra. Era filla de Alfredo Caamaño Ferreiro e sobriña do que fora alcalde de Negreira de 1906 a 1920, Manuel Caamaño Ferreiro. Irmá de José-Álfredo-Manuel Caamaño Pato e de Manuel Caamaño Pato, fuxidos e exiliados.

O seu home militou en Esquerda Republicana (ER), era membro da masonería e foi director do Hospital Provincial de Pontevedra; presidente da Deputación de Pontevedra e despois de ingresar en ER, gobernador civil de Pontevedra ata febreiro de 1936.

Vítima colateral.

A Amancio Caamaño prendérono o día 24/07/1936 os franquistas, recluírono na Prisión Provincial, que se establecera na Escola Normal de Pontevedra, e destituírono da súa praza de médico. Xulgárono en Pontevedra o día 30/10/1936 en consello de guerra sumarísimo polo delito de traizón co resultado de sentenza á pena de morte e executado na zona da Caeira, San Salvador de Poio, Poio (Pontevedra), con outras oito persoas o día 11/11/1936.

Matilde fixo un montón de visitas para salvarlle a vida ao seu home, ata se desprazou a Burgos con outras mulleres, dixéronlles que lles conmutaban as penas pero cando volveu xa os fusilaran.

A Amancio Caamaño incantáronlle o seu sanatorio e os seus bens; restituíronllos á súa familia nos anos corenta, despois dun longo proceso xudicial.

Matilde e os fillos trasladáronse a Santiago de Compostela (A Coruña), onde ela rexentou unha pensión de estudantes.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha