Nacemento:
Morte:
Avogado, político e procurador, 39 anos. Casado con Agustina-Elena Suárez Suárez, Elenita; tiveron tres fillos e dúas fillas: Alfredo, Matilde, Sirio, Violeta e Iván. Veciños de Santa Baia de Logrosa, Negreira. Era fillo de Alfredo Caamaño Ferreiro e sobriño do que fora alcalde de Negreira de 1906 a 1920, Manuel Caamaño Ferreiro. Irmán de Manuel Caamaño Pato, tamén fuxido e exiliado, e de Matilde Caamaño Pato, vítima colateral.
Presidente de Esquerda Republicana (ER) en Negreira.
Fuxido. Exiliado.
No momento do golpe de Estado preside o Comité de Defensa da República en Negreira, en estreita colaboración coa súa dona e ordenou a requisa de armas e explosivos. Convocou unha concentración de persoas das esquerdas para entregarlles armas e facer fronte aos golpistas. Contou coa oposición do alcalde Victoriano Fabeiro García. O día 20 de xullo uns 200 voluntarios republicanos saen na defensa de Santiago de Compostela (A Coruña) fronte aos sublevados. O día 24 de xullo fanse coas armas que Fabeiro García tiña depositadas no concello. O día 26, domingo, entra en Negreira unha patrulla golpista de Artillería a cabalo que controla a localidade e repoñen a Fabeiro.
Agóchase no Pazo de Cotón, Negreira, pasou a Portugal co seu irmán Manuel Caamaño Pato e, por Francia, chegou á zona republicana.
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela polo delito de rebelión co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Xuíz de Belchite (Zaragoza) e, ao caer esta poboación, trasladouse a Barcelona como xefe de armamento.
Os franquistas detiveron e condenaron á súa dona.
Ao rematar a Guerra Civil Española marchou o día 19/12/1939 á República Dominicana desde Francia e despois exiliouse en México e, co tempo, en Venezuela.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.