Nacemento:
Morte:
Contrabandista, empresario e financeiro, 55 anos. Casado. De mozo adicouse a venda de porcos, compravenda de terreos e contrabando de tabaco. Máis tarde fixo contrabando de produtos de África e Xibraltar. Tivo o monopolio de tabacos en Marrocos. Fundou en 1916 a Compañía Trasmediterránea e en 1925 a Compañía de Petróleos Pi.
No ano 1916 foi sospeitoso do asasinato de Rafael Garau, un contrabandista rival e amante da súa dona. O procedemento que se seguiu na súa contra sería completamente irregular, con cambios continuos de xuíces e desaparición de probas.
Coa protección de Miguel Primo de Rivera Orbaneja, fundou a Banca March no ano 1926.
Vendeulle armas e munición a Abd el-Krim, que acosaba as tropas españolas no norte de África; os Mauser que lles entregou non tiñan percusor. Coñecido como "el último pirata del Mediterráneo".
A II República iniciou unha investigación sobre as súas actividades irregulares, polo que o detiveron, acusado de colaboración coa ditadura e de contrabando. Encarcerado na Modelo en xuño de 1932; en 1933 trasladárono a Alcalá de Henares, de onde fuxiu o día 04/11/1933, despois dun suborno. Pasou a Xibraltar e logo a París (Francia). Cualificado como "gran corruptor de hombres e instituciones".
Nas eleccións de 1931 e de 1933 consegue acta de deputado por Baleares nas listas do Partido Republicano de Centro (PRC). Reelixido en 1936.
Co obxectivo de financiar o golpe dos rebeldes, asistiu a varias entrevistas en Biarritz, dándolles garantías de que se as cousa non saían ben os protexería coa súa fortuna.
Establecido o Goberno da Fronte Popular (FP), adicouse a financiar e promover folgas para desestabilizar o executivo de Manuel Azaña Díaz.
Golpista.
Sería un dos principais financeiros do golpe militar de xullo de 1936 e, pola súa influencia, os sublevados contaron co beneplácito de moitos indecisos. O seu apoio económico resultou fundamental para mercar avións de guerra e outro tipo de armas, así como para financiar unha campaña de propaganda exterior, endemoñando aos republicanos.
O Goberno inglés empregouno para que, mediante subornos, conseguira que os militares do entorno de Francisco Franco Bahamonde, se opuxeran a unha alianza de Franco con Adolf Hitler.
Rematada a guerra sinalárono como "el banquero de Franco".
Segundo documentos desclasificados dos servizos secretos británicos, cando Antonio Aranda Mata era capitán xeral de Valencia, cobrou dous millóns de dólares do Reino Unido, a través do banqueiro Juan March Ordinas, para encabezar un golpe de Estado contra Franco. Sempre se uniu ás conspiracións monárquicas contra os franquistas.
No ano 1955 creou a Fundación Juan March para o fomento da cultura e da investigación.
Faleceu en Madrid, vítima das feridas dun accidente de automóbil que sufrira un par de semanas antes nas Rozas (Madrid).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.