← Volver atrás

Núñez de Prado Susbielas, Miguel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado. Desaparecido

Nacemento:

Montilla
(Córdoba)
- 30/03/1882 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pamplona
(Navarra)
- 24/07/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar e aviador, 54 anos. Casou en 1908 con Aurora Bermejo. Ingresou na Academia da Arma de Cabalería en Valladolid, da que saíu co grado de tenente. Veterano desde 1910 da Guerra de Marrocos onde acada a graduación de tenente coronel.

Membro da masonería co nome de Lafayette.

No ano 1923 integrouse na Aeronáutica Militar. Durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja participou en varias conspiracións para proclamar a República. En 1925 ascendérono a xeneral de brigada. Nesta etapa da ditadura nomeárono gobernador xeral das posesións españolas en Guinea de 1925 ata 1931.

Instaurada a II República afiliouse á Unión Militar Republicana Antifascista (UMRA) e chegou a ser o xefe da II División Orgánica. En 1933 acadou o grao de xeneral de división.

En febreiro de 1936 era director xeral de Seguridade e, co xeneral Sebastián Pozas Perea, director xeral da Garda Civil, opúxose a Francisco Franco Bahamonde, xefe do Estado Maior Central, quen quería decretar a lei marcial despois do triunfo da Fronte Popular (FP). O novo executivo Fronte-populista mantívoo como director xeral de Aeronáutica; con este cargo conseguiuse que as forzas aéreas se mantiveran leais á II República.

Executado. Desaparecido.

Nas primeiras horas da sublevación, como inspector xeral da 2ª Inspección Xeral do Exército, tivo que dirixirse a Zaragoza, cidade que non se sublevara formalmente, coa fin de persuadir ao xeneral Miguel Cabanellas Ferrer, quen mandaba a V División Orgánica e non atendía ás chamadas que se lle facía desde o Ministerio de Guerra. Cabanellas, que xa estivera implicado na "Sanjurjada", tamén se unira agora aos rebeldes.

Núñez de Prado sabía que ir a Zaragoza era ir a unha morte segura; pediulle ao presidente do Goberno, Santiago Casares Quiroga, que mellor tentalo coas forzas de Sevilla. Esta solicitude non a atenderon.

Ao chegar a Zaragoza prendérono os militares sublevados e trasladárono ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona, a disposición do rebelde Emilio Mola Vidal; logo fusilárono.

Outras fontes sinalan que na realidade foi asasinado ou desapareceu en circunstancias descoñecidas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.