← Volver atrás

Alonso Mallol, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Sancionado

Nacemento:

Barrio do Raval Roig, Alacante
- 30/08/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

México DF
- 01/01/1967 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, xornalista e político, 41 anos. Casado con Concepción Sellés. Estudou Dereito en Madrid por libre. Director xeral de Seguridade na II República, despois das eleccións que gañou a Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936.

Militante do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS), do Partido Republicano Radical Socialista Independente (PRRSI) e despois de Esquerda Republicana (ER), da que foi elixido presidente na provincia de Alacante en 1935.

Membro da loxa masónica Constante Alona desde xullo de 1916.

Redactor e correspondente de El Luchador.

Nos primeiros anos da II República foi gobernador civil do Principado de Asturias e de Sevilla.

Deputado polo PRRSI nas eleccións de 1933.

Prendérono en Alacante polos sucesos da revolución de outubro de 1934.

Xa á fronte da Dirección Xeral de Seguridade ordenou a detención, o día 14/03/1936, de José-Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia e doutros dirixentes de Falanxe por tenencia ilícita de armas.

Centrouse tamén na investigación sobre a conspiración militar que se preparaba e, no mes de maio de 1936, confeccionara unha listaxe de 500 implicados que entregou ao presidente da República e ao presidente do Goberno; non lle fixeron caso.

Exiliado. Sancionado.

O presidente do Goberno Santiago Casares Quiroga mostrouse confiado diante do alzamento e non soubo reaccionar adecuadamente; pensaba que remataría mal, como a “Sanjurjada”.

O día 16/07/1936 varios membros da Unión Militar Republicana Antifascista (UMRA) indicáronlle a inminencia da sublevación e solicitan a destitución dos xenerais Manuel Goded Llopis, Francisco Franco Bahamonde, Joaquín Fanjul Goñi, Emilio Mola Vidal ou José-Enrique Varela Iglesias, así como outros sospeitosos; incluso un grupo nacionalista marroquí o advertiu. Casares seguiu sen facer nada; nunha ocasión dixo do xeneral Emilio Mola (cerebro da sublevación) que era “un general leal a la República”.

A pesares dos seus denodados esforzos, Alonso Mallol non foi quen de parar o golpe. Impotente diante do colapso da seguridade do Estado e abraiado pola violencia e represións desatadas, dimitiu do seu cargo a finais dese mes de xullo.

Ao remate da guerra a familia marchou para o exilio no norte de África; Mallol conseguiu evacuar a uns 4000 republicanos españois cara México. Residiu en Marrocos, logo en Francia e, finalmente, en abril de 1944, en México.

Na súa estadía en África colaborou coas tropas aliadas en labores de información e de espionaxe.

Desposuírono da nacionalidade española e embargáronlle todos os seus bens.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.