← Volver atrás

Álvarez Xesteira, Felisindo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Carballiño
(Ourense)
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido
- 01/01/1989 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado e político, 37 anos. Casou no Carballiño en febreiro de 1927 con Rosa Valeiras. Veciños do Carballiño.

No ano 1928, na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja, fundou o Círculo Republicano do Carballiño e promoveu o xornal Hermandad. Militante do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS), elixido alcalde do Carballiño de 1931 a outubro de 1934, cando o cesaron. Tamén foi deputado provincial. En novembro de 1933 pasouse ao Partido Republicano Galego (PRG) e logo a Esquerda Republicana (ER). Reposto na alcaldía en febreiro de 1936, cesou o día 19/04/1936, cando o nomearon presidente da Deputación Provincial de Ourense.

Encarcerado.

Durante a guerra civil prestou servizos de xuíz en Albocácer (Castellón) e de xuíz especial instrutor do Tribunal Especial de Garda nº 1 de Valencia.

Despois do remate da guerra prendérono os fascistas, xulgárono en Valencia e condenárono a prisión.

Pena conmutada en Valencia.

Interno na Prisión Sanatorio de Porta-Coeli, puxérono en liberdade provisoria en agosto publicada no BOE do 15/08/1941.

Tamén o procesaron por responsabilidades políticas e indultárono en 1958.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha