Nacemento:
Morte:
Canteiro, 24 anos. Solteiro. Tiña dúas irmás, Pilar e Maruja. A súa nai Teresa Nogueira era parteira.
Vogal das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU).
Na folga xeral de outubro de 1934 condenárono a 18 anos de cadea por tenencia de armas curtas e encarcerárono no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra). Co triunfo da Fronte Popular (FP) liberárono e aclamárono á súa chegada a Pontevedra o día 26/02/1936.
Paseado.
Xefe das milicias en Mourente, participou na requisa de armas de xullo de 1936.
Despois do golpe de Estado, buscado polo delito de rebelión, agochárono en Xeve a súa moza e a familia nunha mina en desuso e tapada con toxos. Os falanxistas e a Garda Cívica, con Víctor Lis Quibén á cabeza, déronlle malleiras e asperxeron con gasolina á súa moza, ameazando con queimala viva coa fin de que calquera persoa descubrira o seu agocho. Alguén da familia confesa, cousa que a moza nunca perdoou.
A Manuel torturárono e finou asasinado.
O día 29/04/1937 publicouse en Pontevedra unha requisitoria contra el por unha causa de rebelión. Xa estaba morto.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.