Nacemento:
Morte:
Metalúrxico, sindicalista e político, 33 anos. A primeiros dos anos vinte casou con Dolores Bastos Martínez; tiveron tres fillos e un máis de Dolores de solteira. Veciños do Casal, San Paio de Fóra, Vigo. Irmán de Florencio Araujo Conde, fusilado, e de Marcial Araujo Conde, tamén fusilado. Orfo de pai desde moi neno.
Militante e dirixente do PCE de Vigo. Membro da dirección do Sindicato do Metal vigués desde 1931. En maio de 1935 era o secretario do Comité Rexional do PCE. Compromisario para a elección do presidente da República, Manuel Azaña Díaz, en abril de 1936.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Cando se produce o golpe militar loitou nas barricadas para a defensa da legalidade en Cabral e Lavadores. Tentaron o asalto ao cuartel da Garda Civil de Pardavila para facerse con armas e fracasaron. Tiveron que fuxir aos montes de Cabral e despois á serra do Galleiro; en decembro de 1936 a presión policial era tan alta que volveron á zona de Cabral.
Xulgado en consello de guerra en Vigo, declarárono fuxido e en rebeldía.
Aos seus irmáns Florencio e Marcial xa os asasinaran.
A denuncia dunha leiteira puxo á Garda Civil na pista de Eduardo, deron co seu agocho, que compartía con dous compañeiros. Un puido fuxir.
A Eduardo abatérono os represores nun monte de Becerreira con Álvaro Ballesteros Estévez, Barbas, por mor dun enfrontamento cun destacamento falanxista de Cabral. Despois mutilaron o seu corpo.
Morte rexistrada a causa de “lucha con la Fuerza Pública del destacamento de Cabral”.
Por mor destas mortes abriuse a causa 315/38.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.