← Volver atrás

Arce Susilla, Patricio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado. Sancionado

Nacemento:

Burgos
- 16/03/1886 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestre e político, 50 anos. Casado. Veciño de Ourense. En 1916 era mestre en Carcedo, Valdés, e en 1920 en Ribeseya, ambas localidades do Principado de Asturias. En 1933 consegue o traslado a Ourense.

Pertenceu á Asociación de Traballadores da Ensinanza de Ourense (ATEO), da que foi presidente: Vogal da directiva da Asociación de Inquilinos desta cidade.

Encarcerado. Depurado. Sancionado.

Cando se produce o golpe militar prendérono e depurárono como mestre nacional a principios de agosto de 1936 por pertencer a ATEO.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de auxilio á rebelión, na causa 391/37, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de cadea.

Neste procedemento condenaron á pena de morte a: José Fernández Pérez, Enrique Nanín Ansias e Severino Nóvoa Gutiérrez; penas de 12 anos e un día para: Luis Acuña Novoa, Patricio Arce Susilla e José Pérez Gómez; ditaron auto de absolución para Ramiro Pérez Serrano e declararon fuxido a Luis Vidal.

En novembro de 1941 abríronlle un expediente por responsabilidades políticas.

En marzo de 1942 castigárono coa inhabilitación como mestre.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Ourense.

Interno na Prisión Provincial de Ourense, puxérono en liberdade condicional provisoria por orde do día 10/04/1942, BOE nº 107 do 17/04/1942.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha