← Volver atrás

Ardao Iglesias, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)

Morte:

Ferrol
- 06/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado. Veciño de Ferrol. Traballador no Arsenal de Ferrol.

Afiliado á CNT e do Sindicato da Industria Naval de Ferrol. Militante das Xuventudes Libertarias (XXLL). Delegado do seu sindicato no ano 1932 no pleno rexional da Confederación Rexional Galaica (CRG).

A mediados de 1933 procesárono pola fabricación de explosivos e acusárono da colocación dunha bomba en San Sadurniño (A Coruña); xulgárono con outras persoas na Coruña co resultado de sentenza de sobresemento e posta en liberdade.

Paseado.

En xullo de 1936 rescatou ao alcalde Antonio Santamaría López cando, ao fuxir, quedou ferido preto do cuartel onde o tiñan preso.

Detido co tamén libertario Nicasio López Fidalgo, morreron os dous en Ferrol a mans da forza pública franquista e baixo a acusación de tenencia de armas e ser “significados anarquistas”.

Déronlles o paseo no cemiterio de Canido, Ferrol.

Morte rexistrada en Ferrol por feridas de arma de fogo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha