← Volver atrás

Arribas Hermida, José-Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

San Salvador de Lérez
(Pontevedra)
- 07/03/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

O Marco, San Salvador de Meis, Meis
(Pontevedra)
- 07/08/1977 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego e político, 34 anos. Casou con Melania Martínez Martínez (nada en San Salvador de Meis e falecida en 1982); tiveron catro fillos. Veciños do Marco. Tiñan un negocio vencellado ao leite e creou unha empresa de liña de autobuses entre Pontevedra e Vilagarcía de Arousa.

No ano 1934 fundou a Sociedade Labrega La Fraternidad Obrera de Labregos de Meis, da que acadou a presidencia en 1936.

En decembro de 1934 detivérono, ao igual que ao secretario da sociedade, Rosendo Rodríguez Ares. Logo do triunfo da Fronte Popular (FP), o día 15/03/1936 elixírono alcalde de Meis.

Encarcerado. Sancionado.

Despois de que se producira o golpe de Estado, Meis caeu nas mans das forzas sublevadas o día 21/07/1936. Arribas, que ordenara a requisa de armas por orde do gobernador civil, agochouse na reitoral de Santa María de Besomaño, Ribadumia (Pontevedra).

Detivérono os fascistas e ingresárono no cárcere de Cambados (Pontevedra) e despois no de Pontevedra.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 14/04/1937, polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Castigárono cunha multa de 250 pesetas.

Pena conmutada pola de 17 anos de cadea.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

O día 14/10/1937 ingresa no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra). Participou no intento de fuga masiva do día 22/05/1938, no que 794 reclusos lograron fuxir; como case que todos, a Arribas Hermida prendérono forzas militares o día 23 no monte Ezkaba.

Concédeselle a prisión atenuada no seu domicilio do Marco desde o día 13/09/1940.

En febreiro de 1944 conmutáronlle a pena pola de un ano de prisión menor.

Deixou a actividade política e adicouse ao traballo no campo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha