Nacemento:
Morte:
Tiña 14 anos. Casada con Antonio Seijo Palmeiro, que non foxe coa guerrilla e tivo que emigrar á República Arxentina. Irmá de Amador Barcia Fernández, Xicos, guerrilleiro antifranquista fuxido e exiliado.
Denigrada. Encarcerada.
A Garda Civil, para que delatase os agochos do seu irmán e doutros veciños, levábaa ao monte e dáballe malleiras para que os descubrise, igual que ao seu pai. Tamén os ameazaron de morte e ela estivo tres meses na cadea en 1941.
Pasaron por estes atrancos, entre outras: Olimpia Barcia Fernández, Maruja Vilar Pereira, irmá de Antonio e Higinio Vilar Pereira; Maruja Bouza Pereira, irmá de Jesús, Constantino, Vicente e José Bouza Pereira; María Vilar Pazos e Leocadia Vilar Pazos, irmás de Juan, Manuel, Saturnino e Jesús Vilar Pazos; Carmen Eive Vilar e Josefa Eive Vilar, irmás de Evaristo, Manuel e José Eive Vilar.
O día 15/03/1943 detivérona con algunha das anteriores e xulgáronas na causa 207/43, acusadas de acoller nas súas casas a guerrilleiros e de proporcionarlles comida e roupa.
Neste proceso xulgaron, entre outras, a Olimpia Barcia Fernández, Carmen Eive Vilar e Josefa Eive Vilar.
Estiveron un tempo no cárcere pero o proceso rematou sobresido. Olimpia permaneceu dous meses no cárcere de Ferrol (A Coruña).
Cando Amador pasou a Francia no ano 1946, a súa familia seguiu apoiando a guerrilla da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.