← Volver atrás

Barciela Manzanares, Agustín

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro, 28 anos. Veciño de Vigo.

Fuxido. Encarcerado.

Foxe o día 19/09/1938 desde A Coruña cara Brest (Francia) no buque pesqueiro Rafael del Palacio.

Neste barco fuxiron dez persoas da Ría de Vigo: os vigueses Agustín Barciela Manzanares, mariñeiro; Hipólito Davila Millos, mariñeiro; Santiago Manzanares Lestón, mariñeiro; José Martínez Hidalgo, mariñeiro e José-Antonio Valverde Lago, mariñeiro; de Redondela eran José-María Cobelo Campelos, mariñeiro e Antonio Durán Otero, patrón do barco. Dous eran de Bueu: José García Acuña, mariñeiro e Víctor López Ferradás, mariñeiro, e Belarmino Rodríguez Rial, fogueiro e veciño de Nigrán.

Combateu no exército republicano no decorrer da guerra civil.

Causa aberta en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar (fuxida do buque pesqueiro Rafael del Palacio) co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Pena conmutada pola de 20 anos de prisión en maio de 1940.

Procesárono no expediente 234/39 do Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña con outras persoas e no expediente 74/39 de Pontevedra.

Interno na Prisión Provincial de Pontevedra, puxérono en liberdade condicional provisoria o día 22/05/1943, publicada no BOE nº 155 do 04/06/1943.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha