Nacemento:
Morte:
Casada co xornaleiro, mariñeiro e sindicalista Manuel Gantes Barreiro, Roque; tiveron tres fillas: Dolores, Manuela e Pilar. Veciños da rúa Buenavista, 3-1º, na Coruña.
O seu home era militante da CNT e delegado do Sindicato do Transporte Marítimo, Sección de Chaboleiros do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) da Coruña.
Vítima colateral.
Despois do golpe de Estado Manuel estivo agochado na barriada de Santa Lucía, na Coruña, e o día 05/01/1937 fuxiu desde esta cidade cara Xixón (Principado de Asturias) na lancha gasolineira Conchita (que os 23 fuxidos chamaron La Libertaria), nunha fuga que organizara o sindicato El Despertar Marítimo, vencellado á CNT coruñesa.
Manuel combate no exército republicano durante a guerra civil, onde foi comisario político no 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias e participou na Batalla do Ebro.
Pasou a Francia ao remate do conflito español e realiza traballos forzados para os franceses e para os alemáns.
Roque volta para A Coruña no ano 1946, cando o detiveron os franquistas e internárono na Prisión Provincial da Coruña ata o ano 1948.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.