← Volver atrás

Barreiro Permuy, Francisco

Alcume: o Paragüero
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 05/03/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pinar da Torre, Santa Mariña de Parada, Ordes
(A Coruña)
- 23/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Fotógrafo e político, 21 anos. Solteiro. Paragüero era o alcume familiar, pois el era fotógrafo como o seu pai. Veciño da rúa Castro de Unta-Pozo, 31, en Betanzos (A Coruña), onde vivía cos pais, tres irmás (unha muller e dous homes). Levaban 15 anos vivindo en Betanzos, a onde chegaran en 1920.

Militante das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) e do PCE.

Francisco participou, contratado ou como empregado, nas requisas de trigo aos propietarios, cobrando en especie o imposto co que o goberno municipal da Fronte Popular (FP) gravaba aos acaparadores de gran. Isto e a súa militancia política poríao no punto de mira dos reaccionarios.

Paseado.

O seu cadáver aparece en Ordes, no quilómetro 1,9 da estrada Ordes-Carballo, no Pinar da Torre.

Morte rexistrada por mor dun traumatismo cranial producido por proxectís de arma curta de fogo.

Identificado en novembro de 1943.

Paseado co tamén betanceiro Germán López Pérez, o Marulán, da UXT.

Soterrárono no cemiterio de Ordes.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha