Nacemento:
Morte:
Labrego, 34 anos. Veciño de San Xurxo de Cristimil, Lalín. Irmán de Adolfo Blanco Barreira, Adolfo da Cima, morto no intento de fuga do penal de San Cristóbal. Emigrou á República Arxentina, regresando a Galicia nos anos trinta.
Presidente do Comité Republicano de Cristimil-Gresande en 1933.
Encarcerado. Exiliado.
Cando o alzamento, recolleron e armas e acudiron na defensa da República a Lalín.
Prendérono os franquistas o 25/08/1936 e internárono na cadea de Lalín co seu irmán Adolfo.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 18/02/1937, polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra.
Puxérono en liberdade no ano 1940 e volveron detelo en 1948 baixo a acusación de colaboración coa guerrilla.
Xulgado na Coruña nun consello de guerra en marzo de 1949 polo delito de “auxilio a malhechores”, na causa 296/48, co resultado de sentenza a un ano de cadea. Nesta causa había outros 45 procesados.
O tribunal militar, neste caso, condenou a cadea perpetua a Julio Bazarra Constenla e a un ano de cadea a Francisco-Manuel Blanco Barreira.
Para ver ás persoas encausadas neste procemento dirixirse á ficha de Jaime Agra Blanco.
Diante do acoso das autoridades franquistas decide exiliarse en Bos Aires, na República Arxentina.
Regresa a Galicia nos anos sesenta.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.