← Volver atrás

Blanco Corbacho, Salvador

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

Corcubión
(A Coruña)

Morte:

?. ?.

Biografía

Procurador.

O día 19/12/1933 nomeárono secretario do consello de Vimianzo por falecemento do anterior titular.

Expedientado e denunciado por malversación de fondos públicos, suspendeuno de emprego e soldo a corporación da Fronte Popular (FP) vimiancesa.

Encargouse da secretaría Andrés García Ferreiro que tivo en Salvador un inimigo moi perigoso e, despois do triunfo fascista, remataría fusilado.

Represor.

Salvador e o seu círculo das dereitas fixeron o posible por acabar con quen, máis que nada, sabía moito das súas maquinacións, Andrés García Ferreiro; ao instrutor do caso de Andrés e ao propio xuíz recusounos o procesado por terlle inimizade manifesta.

Cos franquistas no poder e con outros falanxistas da comarca adicouse ás requisas, persecucións de veciños, vixilancias, detencións de familiares de persoas que se pasaran ás filas republicanas...

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha