← Volver atrás

García Ferreiro, Andrés

Alcume: o Gavilán
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Praza de María Pita, A Coruña
- 17/09/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Campo da Rata, Punta Herminia, A Coruña
- 15/03/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, 41 anos. Casado con Beatriz Fernández Villar; tiñan unha filla: Beatriz (nove anos) e dous fillos: Julio (oito anos) e Andrés (sete anos). Veciños de Vimianzo (A Coruña) en 1936. Coñecido como Gavilán por ser o segundo apelido do seu pai, quen era notario e avogado en Carballo; procedentes dunha familia de Valladolid con importantes políticos na Restauración. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Exerceu de avogado na Coruña e en Lugo. Obtivo praza de secretario municipal e exerceu en Manzaneda, Quintela de Leirado, Viveiro e Ortigueira. En Vimianzo tomou posesión o día 28/03/1936 do cargo de secretario do concello.

Presidente da Asociación Socialista (AS) de Viveiro en abril de 1931. Afiliado ao PSOE. Organizador da Agrupación Socialista (AS) de Vimianzo.

Membro da masonería de 1931 a 1932 (segundo a súa propia testemuña) e fundador da loxa Triángulo Fraternidad Humana nº 75 de Viveiro (Lugo).

Executado.

Cando se produce a sublevación militar, co alcalde José Alborés Gándara, Cordas, tratou de evitar o enfrontamento dos veciños de Vimianzo contra dos rebeldes alzados en Zas. Ao tomar os sublevados a localidade de Vimianzo, detivérono o día 25/07/1936 e encarcerárono.

Logo de que se producira o golpe de Estado, o alcalde José Alborés Gándara "o 22 de xullo para dar sensación de fortaleza, asaltou o castelo de Vimianzo, propiedade de Ramón e Mercedes Martelo de la Mata, coa intención de facelo sede do concello; acompañárono Andrés García Ferreiro (secretario do concello), Manuel Alborés Gándara, Víctor Vázquez Varela, Alejandro Lema Trillo, Francisco Lema Sendón, Manuel Lorenzo Pérez, Eliseo-Antonio Lastres López e Segundo, o Xalleiro (texto do cóengo da Catedral de Santiago de Compostela, Manuel Silva Ferreiro, do ano 1938 Galicia y el Movimiento Nacional: páginas históricas).

Segundo o libro do cóengo Silva Ferreiro, o castelo asaltábase para convertelo en cárcere de persoas honradas que figuraban nunha listaxe negra. "Entre los primates que tal cosa hicieron figuraba Andrés García Ferreiro, que denigraba a los miembros de la Guardia Civil y a los curas", engade no seu libro o dito cóengo.

Andrés García tiña un inimigo moi perigoso, o anterior secretario co consello de Vimianzo Salvador Blanco Corbacho (desde decembro de 1933). A Blanco Corbacho destituírano as autoridade da Fronte Popular polas súas importantes irregularidades na administración local. Salvador e o seu círculo das dereitas fixeron o posible por acabar con quen, máis que nada, sabía moito das súas maquinacións; ao instrutor do seu caso e ao propio xuíz recusounos por terlle inimizade manifesta á súa persoa.

Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 24/02/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 1367/36, co resultado de sentenza á pena de morte. Exerceu a súa propia defensa e solicitou clemencia pero non atenderon a súa petición.

Fusilado na Polvoreira de Durmideiras, preto de Punta Herminia, na Coruña. Pasado polas armas.

Asasinado con Ramón Carballo Tajes e Antonio Ramallo Gómez.

Soterrárono o día 15 de marzo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Ramón Carballo Tajes e Antonio Ramallo Gómez.

A súa familia perdería a propiedade de grande parte dos seus bens. Á súa irmá María de la Ascensión García Ferreiro, monxa, asasinárona en Madrid en novembro de 1936.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.