← Volver atrás

Lastres López, Eliseo-Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Vimianzo
(A Coruña)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Estudante, 24 anos. Solteiro. Veciño de Vimianzo.

Encarcerado.

Logo de que se producira o golpe de Estado o alcalde José Alborés Gándara, Cordas "o 22 de xullo para dar sensación de fortaleza, asaltou o castelo de Vimianzo, propiedade de Ramón e Mercedes Martelo de la Mata, coa intención de facelo sede do concello, acompañárono Andrés García Ferreiro (secretario do concello), Manuel Alborés Gándara, Víctor Vázquez Varela, Alejandro Lema Trillo, Francisco Lema Sendón, Manuel Lorenzo Pérez, Eliseo-Antonio Lastres López e Segundo, o Xalleiro” (texto do cóengo da Catedral de Santiago de Compostela, Manuel Silva Ferreiro, do ano 1938 Galicia y el Movimiento Nacional: páginas históricas).

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 515/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Neste xuízo castigaron a cadea perpetua a: Eliseo-Antonio Lastres López, José Mouzo Díaz e Cándido Rodríguez Caamaño; penas de 20 anos de cadea para: Jesús Conde Lema e Manuel Lorenzo Pérez; sentenzas de 12 anos de prisión para: José Lorenzo Pérez, Manuel Lourido Pérez, Andrés Tajes Miñones e José Tajes Tajes; ditaron auto de absolución para Fernando Broncano Ciprián.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 263 do día 20/09/1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha