← Volver atrás

Vázquez Varela, Víctor

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Sancionado

Nacemento:

Vimianzo
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Político. Veciño de Vimianzo.

Concelleiro de Vimianzo nas eleccións municipais de 1931 polo Partido Monárquico (PM) e nomeado síndico. Elixido de novo concelleiro e nomeado alcalde en 1932 polo mesmo partido. Concelleiro tamén en 1935 e como independente en 1936. Desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado de xullo de 1936.

Tiña como compañeiros na Corporación de Vimianzo de 1936, entre outras persoas, a: José Castro Miñones, sancionado; Manuel Vidal Martínez, executado; Alejandro Lema Trillo, fuxido; José Alborés Gándara (alcalde), encarcerado; Julio Moreira Gándara, sancionado; Antonio Gándara Oreiro, sancionado; José Ogando Lage, sancionado; José Lavandeira Valiña, sancionado; Cándido Rodríguez Caamaño, encarcerado; Ramón Suárez García, sancionado; José Caamaño Lema, executado; Manuel Alborés Gándara, executado.

Sancionado.

Logo de que se producira o golpe de Estado, o alcalde José Alborés Gándara, Cordas, "o 22 de xullo para dar sensación de fortaleza, asaltou o castelo de Vimianzo, propiedade de Ramón e Mercedes Martelo de la Mata, coa intención de facelo sede do concello; acompañárono Andrés García Ferreiro (secretario do concello), Manuel Alborés Gándara, Víctor Vázquez Varela, Alejandro Lema Trillo, Francisco Lema Sendón, Manuel Lorenzo Pérez, Eliseo-Antonio Lastres López e Segundo, o Xalleiro (texto do cóengo da Catedral de Santiago de Compostela, Manuel Silva Ferreiro, do ano 1938 "Galicia y el Movimiento Nacional: páginas históricas").

Os franquistas castigárono cunha multa de 15.000 pesetas nunha causa militar aberta na Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha