← Volver atrás

Alborés Gándara, Manuel

Alcume: Cordas
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Vimianzo
(A Coruña)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Arzúa?
(A Coruña)
- 10/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xastre e político, 35 anos. Irmán de José Alborés Gándara, encarcerado.

Militante de Esquerda Republicana (ER) en Vimianzo. Elixírono concelleiro e 1º tenente de alcalde de Vimianzo nas eleccións municipais de 1936. Desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.

Tiña como compañeiros na Corporación de Vimianzo de 1936, entre outras persoas, a: José Castro Miñones, sancionado; Manuel Vidal Martínez, executado; Alejandro Lema Trillo, fuxido; Víctor Vázquez Varela, sancionado; José Alborés Gándara (o alcalde), encarcerado; Julio Moreira Gándara, sancionado; Antonio Gándara Oreiro, sancionado; José Ogando Lage, sancionado; José Lavandeira Valiña, sancionado; Cándido Rodríguez Caamaño, encarcerado; Ramón Suárez García, sancionado; José Caamaño Lema, executado.

Fuxido. Executado.

O día 20/07/1936 ordenou a requisa de armas e a vixilancia de persoas das dereitas.

Logo de que se producira o golpe de Estado o alcalde José Alborés Gándara, Cordas "o 22 de xullo para dar sensación de fortaleza, asaltou o castelo de Vimianzo, propiedade de Ramón e Mercedes Martelo de la Mata, coa intención de facelo sede do concello; acompañárono Andrés García Ferreiro (secretario do concello), Manuel Alborés Gándara, Víctor Vázquez Varela, Alejandro Lema Trillo, Francisco Lema Sendón, Manuel Lorenzo Pérez, Eliseo-Antonio Lastres López e Segundo, o Xalleiro" (texto do cóengo da Catedral de Santiago de Compostela, Manuel Silva Ferreiro, do ano 1938, Galicia y el Movimiento Nacional: páginas históricas).

Prendérono os fascistas o día 25/07/1936, consegue escapar e detivérono o 08/09/1936 cando andaba fuxido e ingresárono no sobrado do concello, onde lle deron a beber aceite de rícino mesturado con gasolina.

Infórmase da súa fuxida o día 10/09/1936 da cadea de Vimianzo nun proceso militar aberto na Coruña polo delito de rebelión, na causa 1367/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Semella que o asasinaron nun traslado cara Santiago de Compostela, despois de que o torturaran e pode que nas inmediacións de Arzúa; abandonaron o seu corpo nunha gabia.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.