Nacemento:
Morte:
Industrial e político, 59anos. Veciño de Pasarela. Emigrou á Arxentina de 1924 a 1927 e fixo un pequeno capital. Retornou a Vimianzo e mercou uns muíños industriais en Pasarela.
Concelleiro de Vimianzo nas eleccións municipais de 1931 e 1932 pola Federación Republicana Galega (FRG) e no ano 1935 polo Partido Radical Demócrata (PRD). Tamén concelleiro pola Unión Republicana (UR) en 1936 e nomeado 3º tenente de alcalde. Desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.
Tiña como compañeiros na Corporación de Vimianzo de 1936, entre outras persoas, a: José Castro Miñones, sancionado; Alejandro Lema Trillo, fuxido; Víctor Vázquez Varela, sancionado; José Alborés Gándara (alcalde), encarcerado; Julio Moreira Gándara, sancionado; Antonio Gándara Oreiro, sancionado; José Ogando Lage, sancionado; José Lavandeira Valiña, sancionado; Cándido Rodríguez Caamaño, encarcerado; Ramón Suárez García, sancionado; José Caamaño Lema, executado; Manuel Alborés Gándara, executado.
Fuxido. Sancionado.
Logo da sublevación dos militares agochouse para evitar represalias. Pasou por varias casas de Calo e Santiago de Traba, Laxe (A Coruña).
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Permaneceu algún tempo nun faiado en condicións precarias. Morreu en novembro de 1937 a consecuencia das duras condicións do seu agocho. Para evitar que descubriran aos donos da vivenda na que se acubillara, a familia trasladou o seu cadáver nun cabalo durante a noite; comunicaron o seu falecemento ás autoridades cando xa se atopaba no domicilio familiar. Obrigaron a soterralo fóra da porta do cemiterio para que todos pisaran a súa tumba e, aos que asistiron ao seu enterro, multáronos.
Os franquistas decretaron a incautación dos seus bens por un valor de 7500 pesetas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.