← Volver atrás

Carballo Tajes, Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 15/03/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Viaxante de comercio e político, 30 anos. Solteiro. Veciño de San Pedro da Ponte do Porto, Camariñas (A Coruña).

Membro do Sindicato de Oficios Varios de Camariñas, da UXT.

Fuxido. Executado.

Despois do golpe fascista e de participar na requisa de armas, foxe aos montes de preto da casa e agóchase tamén en casas dos veciños, incluso na dun falanxista. Á casa da súa familia acudían os falanxistas na súa procura e requisáronlles case que todo o que tiñan.

Foxe por mar nun barco desde Muxía e cara Portugal con Andrés-Celestino Balsas Vello e Manuel Carracedo Balsa; detivéronos no país veciño e deportounos a Policía Internacional e de Defensa do Estado portuguesa (PIDE) aos falanxistas de Tui. Ramón tentou suicidarse cortándose as veas e ingresárono nun hospital; aos seus compañeiros paseáronos.

Ingresárono na cadea en Corcubión (A Coruña) e despois trasladárono á Prisión Provincial da Coruña o día 07/01/1937.

Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 24/02/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 1367/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilado na Polvoreira de Durmideiras, preto da Punta Herminia, na Coruña, pasado polas armas.

Asasinado con Andrés García Ferreiro e Antonio Ramallo Gómez.

Soterrárono o día 15 de marzo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Andrés García Ferreiro e Antonio Ramallo Gómez.

No ano 1943 abríronlle un expediente por responsabilidades políticas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha