← Volver atrás

Blanco Fernández, Ramona

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casada co mestre e político Fernando Barcia Beiras; tiveron tres fillas e un fillo: Esther, Fernanda, Clementina e Luis-Ángel. Veciños de Santiago de Compostela (A Coruña). O seu home exerceu de mestre en Toro, Ponteareas, Corme, Baio (en 1923), Ardagán e Ameneiro (en 1936). Nai de Fernanda Barcia Blanco, sancionada.

Fernando era militante do PSOE e da UXT, presidente do Comité Local da Fronte Popular (FP) en Santiago de Compostela e directivo da Federación de Entidades Socialistas; presidente no ano 1936 da Agrupación Socialista (AS) de Santiago de Compostela e fundador da Federación de Traballadores da Ensinanza, da UXT (FETE-UXT) de Galicia.

Vítima colateral.

No momento de producirse o alzamento golpista o seu home preside o Comité de Defensa da República que tratou de frear a sublevación militar. Despois agochouse, depurárono, xulgárono polo delito de traizón e executárono en Boisaca, Santiago de Compostela, o día 29/01/1938.

No ano 1941 os herdeiros de Fernando Barcia tiveron que pagar unha sanción económica.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha