Nacemento:
Morte:
Redeira, atadora e sindicalista, 51 anos. Casada co patrón de costa e político José-Modesto Rodal Lanzós, o Marrixo; tiveron dúas fillas e dous fillos: Dolores (Lola, 15 anos), Pilar (13 anos), Ángel e José. Veciños da rúa Nova, 10, en Cangas. Rodal foi un dos fundadores da Agrupación Socialista (AS) de Cangas (Pontevedra), concelleiro desta localidade na II República, militante da CNT e detido na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.
Despois do golpe dos militares rebeldes, a Rodal Lanzós detivérono, xulgárono en consello de guerra sumarísimo e condenárono a cadea perpetua; o día 12/12/1942 conmutáronlle a pena pola de catro anos de prisión menor.
Presa por mor das folgas de 1932 e de 1933.
Creadora en 1935 e dirixente do Sindicato de Conserveiras e Atadoras La Reivindicadora, vencellada á UXT. En novembro de 1935 fixeron un acto público coa presenza de Dolores Ibarruri Gómez. Para conseguir as súas reivindicacións fixeron folga de decembro de 1935 a marzo de 1936.
Encarcerada.
Despois do golpe militar o sindicato rematou por disolversee, o día 11/08/1936, Dolores sobrevive a un intento de paseo dos falanxistas no que a feriron, na curva de Mogor. Un dos falanxistas que a levaban no coche fíxolle un disparo nun brazo e conminouna a que botara a correr. Tivo que andar escapada nos montes, logo agochouse na casa duns familiares en Singulis, Cangas.
Dous meses despois, detectada a súa presenza polos falanxistas, prendérona e levárona á cadea da Escola Normal de Pontevedra, que prepararan para facer as veces de cadea; botou alí un ano e medio.
Xulgada en consello de guerra en Pontevedra polo delito de auxilio á rebelión, na causa 1383/37, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de cadea.
Enviárona ao cárcere de mulleres de Saturrarán (Guipúscoa).
Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra o día 23/08/1942 por motivos de saúde; tiña diabetes pola longa estadía na cadea.
Interna na Prisión Central de Mulleres de Saturrarán, Mutriku (Guipúscoa), publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 214 do día 02/08/1941.
Procesárona no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárona no ano 1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.