← Volver atrás

Rodal Lanzós, José-Modesto

Alcume: o Marrixo
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Cangas
(Pontevedra)
- 01/01/1885 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro e político, 51 anos. Casou con Dolores Blanco Montes; tiveron dúas fillas e dous fillos: Dolores (Lola, 15 anos), Pilar (13 anos), Ángel Rodal Blanco, executado, e José Rodal Blanco, exiliado. Veciños de Cangas. Irmán de Rafael Rodal Lanzós, procesado. Patrón de costa.

En 1923 fundaron a Agrupación Socialista (AS) de Moaña: Lorenzo-Santiago-Victoriano Corbacho Rodal; José-Modesto Rodal Lanzós, Marrixo; Aniceto Franco Durán; Manuel Nores Sotelo, Taratola; Antonio Varela Vázquez e Ángel Mato Peña (+1934).

Dirixente da Alianza Marinera e militante da CNT.

Detido por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

Concelleiro de Cangas en 1936 despois do triunfo da Fronte Popular (FP).

Encarcerado. Sancionado

Despois de producirse o golpe dos sublevados prendérono o día 26 de xullo, cando estaba nunha barbería e ingresárono na prisión de Cangas.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Pontevedra o día 19/09/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 790/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

O tribunal militar condenou á pena de morte a: Lorenzo-Santiago-Victoriano Corbacho Rodal, Agustín Jorge Etcheverri, Antonio Fernández Fernández, José Meis Martínez, José-Manuel Millán Costas, Víctor Sánchez Mártil e Antonio Varela Vázquez; castigaron coa cadea perpetua a: José-Miguel Carracelas Álvarez, Germán Chapela Leiro, Francisco Cordeiro Refojo, Gumersindo Gastiasoro Ruiz de Azúa, Serafín Gómez González, Joaquín-José Nores Rodríguez e José-Modesto Rodal Lanzós; penas de 20 anos de cadea para Ismael Costas Caamaño; sentenzas de 12 anos e un día para: Manuel Díaz Carballo, Manuel González Dantas, Manuel Sotelo Alonso, Juan Valladares Taboada e Valentín Villar Soliño; pena de seis anos e un día para Evaristo Dobarro Landín; tamén sentenciaron á cadea a Eduardo García Santos; ditaron auto de absolución para: Eugenio Bermúdez Piñeiro, Ramón Costas Otero, Rafael Rodal Lanzós e Manuel Sotelo Suárez; sobresemento para: Indalecio Cruz Ramos; declararon fuxido a José Moreira Espiño. Tamén enxuizaron a: Aniceto Franco Durán, Estanislao Mallo Martínez, Jesús-Daniel Millán Costas, Rufino Miranda Cabral, Ángel-Emilio Nores Rodríguez, Manuel Piñeiro Pastoriza, Ángel Rial Vidal, Camilo Rodal Rodal, Secundino Ruibal Villar, Vicente Sáez Ruiz, Luis Soliño Acuña e Adonis-Jesús Teixeira Alonso.

Internárono na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Trasladado ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 16/05/1937.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra e puxérono en liberdade condicional o día 29/08/1940.

Pena que, de xeito definitivo, lle conmutaron pola de catro anos de prisión menor o día 12/12/1942 e concedéronlle a liberdade definitiva o 05/06/1944.

A Comisión Provincial de Incautación de Bens, no ano 1939, abriulle un expediente por responsabilidades civís.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.