← Volver atrás

Rodal Blanco, Ángel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Cangas
(Pontevedra)
- 01/01/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

O Pinal do Foxo, Santa Mariña de Xinzo, Ponteareas
(Pontevedra)
- 05/04/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro e político, 19 anos. Veciño de Cangas. Fillo de José-Modesto Rodal Lanzós, encarcerado, e irmán de José Rodal Blanco, fuxido e exiliado.

Executado.

Estaba a facer o servizo militar pola súa quinta na zona republicana cando comezou a guerra civil.

Cando regresou do servizo acolleuse a unhas supostas medidas de graza ditadas polos franquistas; entregouse e ingresárono na prisión de Vigo (Pontevedra). Aos poucos días asasinárono.

Os falanxistas asasinaron neste día, no Pinal do Foxo, as seguintes persoas: Francisco Aldao Gallego, canteiro; Manuel Álvarez Pereira; Clemente Calvar Solla; Manuel Cividanes; Serafín Chaves Bispo; Perfecto Méndez Pastoriza; Manuel-Enrique Quintas Figueroa, político, e Ángel Rodal Blanco, mariñeiro.

Morte rexistrada en Ponteareas por mor de traumatismos por disparo de arma de fogo.

Soterrárono nunha fosa común en Xinzo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha