← Volver atrás

Gastiasoro Ruiz de Azúa, Gumersindo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado

Nacemento:

Araba
- 13/01/1878 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestre e político, 58 anos. Veciño de Santa María de Darbo, Cangas (Pontevedra). Mestre nacional de San Vicente de Coucieiro, Paderne de Allariz (Ourense), San Paulo de Río Barba, O Vicedo (Lugo) e, desde os anos trinta, de Darbo.

Membro da Federación de Traballadores da Ensinanza da UXT (FETE-UXT) e afiliado a Esquerda Republicana (ER).

Encarcerado. Depurado.

Arrestárono os franquistas despois do golpe de Estado.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 12/05/937 polo delito de rebelión militar, na causa 790/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

O tribunal militar condenou á pena de morte a: Lorenzo-Santiago-Victoriano Corbacho Rodal, Agustín Jorge Etcheverri, Antonio Fernández Fernández, José Meis Martínez, José-Manuel Millán Costas, Víctor Sánchez Mártil e Antonio Varela Vázquez; castigaron coa cadea perpetua a: José-Miguel Carracelas Álvarez, Germán Chapela Leiro, Francisco Cordeiro Refojo, Gumersindo Gastiasoro Ruiz de Azúa, Serafín Gómez González, Joaquín-José Nores Rodríguez e José-Modesto Rodal Lanzós; penas de 20 anos de cadea para Ismael Costas Caamaño; sentenzas de 12 anos e un día para: Manuel Díaz Carballo, Manuel González Dantas, Manuel Sotelo Alonso, Juan Valladares Taboada e Valentín Villar Soliño; pena de seis anos e un día para Evaristo Dobarro Landín; tamén sentenciaron á cadea a Eduardo García Santos; ditaron auto de absolución para: Eugenio Bermúdez Piñeiro, Ramón Costas Otero, Rafael Rodal Lanzós e Manuel Sotelo Suárez; sobresemento para: Indalecio Cruz Ramos; declararon fuxido a José Moreira Espiño. Tamén enxuizaron a: Aniceto Franco Durán, Estanislao Mallo Martínez, Jesús-Daniel Millán Costas, Rufino Miranda Cabral, Ángel-Emilio Nores Rodríguez, Manuel Piñeiro Pastoriza, Ángel Rial Vidal, Camilo Rodal Rodal, Secundino Ruibal Villar, Vicente Sáez Ruiz, Luis Soliño Acuña e Adonis-Jesús Teixeira Alonso.

Pena conmutada pola de catro anos de prisión menor.

Ábreselle un expediente de responsabilidades políticas en decembro de 1939. Multárono con 100 pesetas.

Separado do servizo e dado de baixa na escala de mestres nacionais o día 11/05/1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.