← Volver atrás

Sáez Ruiz, Vicente

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Paseado. Depurado

Nacemento:

Cox
(Alacante)
- 25/03/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Miguel de Marcón, Pontevedra
(Pontevedra)
- 05/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 32 anos. Casado. Veciño de O Cruceiro, San Salvador de Coiro, Cangas (Pontevedra). Estudou Maxisterio en Murcia e aprobou as oposicións de mestre nacional en setembro do ano 1932 e destinárono a Galicia, á escola de nenos de Coiro.

Delegado da Federación de Traballadores da Ensinanza da UXT (FETE-UXT) para o concello de Bueu (Pontevedra).

Presidente do Centro Radical e militante do PCE.

Encarcerado. Paseado. Depurado.

Detido despois do golpe sedicioso na súa casa do Cruceiro, o día 25/07/1936, e trasladado a Pontevedra o día 19/09/1936 na espera de que se celebrara o seu consello de guerra.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar na causa 790/36.

O tribunal militar condenou á pena de morte a: Lorenzo-Santiago-Victoriano Corbacho Rodal, Agustín Jorge Etcheverri, Antonio Fernández Fernández, José Meis Martínez, José-Manuel Millán Costas, Víctor Sánchez Mártil e Antonio Varela Vázquez; castigaron coa cadea perpetua a: José-Miguel Carracelas Álvarez, Germán Chapela Leiro, Francisco Cordeiro Refojo, Gumersindo Gastiasoro Ruiz de Azúa, Serafín Gómez González, Joaquín-José Nores Rodríguez e José-Modesto Rodal Lanzós; penas de 20 anos de cadea para Ismael Costas Caamaño; sentenzas de 12 anos e un día para: Manuel Díaz Carballo, Manuel González Dantas, Manuel Sotelo Alonso, Juan Valladares Taboada e Valentín Villar Soliño; pena de seis anos e un día para Evaristo Dobarro Landín; tamén sentenciaron á cadea a Eduardo García Santos; ditaron auto de absolución para: Eugenio Bermúdez Piñeiro, Ramón Costas Otero, Rafael Rodal Lanzós e Manuel Sotelo Suárez; sobresemento para: Indalecio Cruz Ramos; declararon fuxido a José Moreira Espiño. Tamén enxuizaron a: Aniceto Franco Durán, Estanislao Mallo Martínez, Jesús-Daniel Millán Costas, Rufino Miranda Cabral, Ángel-Emilio Nores Rodríguez, Manuel Piñeiro Pastoriza, Ángel Rial Vidal, Camilo Rodal Rodal, Secundino Ruibal Villar, Vicente Sáez Ruiz, Luis Soliño Acuña e Adonis-Jesús Teixeira Alonso.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra) o día 23/10/1936.

Acusado de comunista e anticristiá polo cura da parroquia e polas autoridades militares.

Morte nun suposto traslado de cadea, acusado de tentar fuxir cando se produce unha pinchada nunha roda do coche que o traslada. Asasinárono na aplicación da Lei de Fugas.

Paseado o día 5 de decembro, o seu cadáver apareceu na estrada da Parra, en Marcón.

Nese día e lugar asasinaron a: José Búa Laredo, albanel; Santiago Gómez Bao; Vicente Sáez Ruiz, mestre, e Adonis-Jesús Teixeira Alonso, serrador.

Os franquistas depurárono como mestre e castigado coa separación definitiva do seu traballo. Acusárono de dubidosa moral cristiá, comunista, mediana conduta profesional, actuacións de extrema esquerda... Manuel Vivero García, párroco de Coiro, cualificouno no seu informe como “rabioso antiespañolista y anticristiano refinadísimo”. En igual sentido informou o comandante do posto da Garda Civil de Cangas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.