← Volver atrás

Búa Laredo, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Paseado

Nacemento:

Cambados
(Pontevedra)
- 01/01/1895 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Estribela, Santo André de Lourizán, Pontevedra
(Pontevedra)
- 04/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Albanel e político, 41 anos. Casado. Veciño da Illa de Arousa (Pontevedra). Propietario duna ferretería na súa localidade de residencia.

Presidente da Agrupación Socialista (AS) da Illa de Arousa. Participou, o día 07/10/1934, na farsa da proclamación da República Federal da Illa de Arousa, broma tabernaria pola que o prenderon e, máis tarde, deixárono en liberdade.

Encarcerado. Paseado.

Detivérono despois do alzamento militar e ingresárono na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Morte rexistrada en Estribela e xustificada polos represores, como tantas outras, por mor dun intento de fuga no desenvolvemento dun traslado.

Nese día e lugar asasinaron a: José Búa Laredo, albanel; Santiago Gómez Bao; Vicente Sáez Ruiz, mestre, e Adonis-Jesús Teixeira Alonso, serrador.

O seu cadáver apareceu en Estribela.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha