← Volver atrás

Corbacho Rodal, Lorenzo-Santiago-Victoriano

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Cangas
(Pontevedra)
- 01/08/1891 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
- 24/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Canteiro, mariñeiro, sindicalista e político, 44 anos. Durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja casou en voda civil con Concepción Iglesias Portela; tiveron sete fillos. Veciños de Cangas.

Militante da UXT e un dos creadores de Alianza Marinera de Cangas, da que sería o primeiro presidente. Militante da Agrupación Socialista (AS) de Cangas. Concelleiro de Cangas en 1931.

Participou na folga xeral de 1917, feito polo que o prenderon e procesaron.

Viviu en Moaña (Pontevedra) de 1921 a 1924, onde fundou Alianza Marinera de Moaña, que presidiu dous anos. Desterrárono a Marín (Pontevedra). Preso e condenado en varias ocasións polas súas actividades democráticas.

Durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja as autoridades clausuraron Alianza Marinera e aos seus dirixentes detivéronos, acusados de irregularidades nas contas. En 1923 fundaron a Agrupación Socialista (AS) de Moaña: Lorenzo-Santiago-Victoriano Corbacho Rodal; José-Modesto Rodal Lanzós, Marrixo; Aniceto Franco Durán, Manuel Nores Sotelo, Taratola; Antonio Varela Vázquez e Ángel Mato Peña (+1934). Foi secretario da AS e do Sindicato da Edificación.

Presidente da Federación Local de Obreiros Marítimos de Vigo (Pontevedra). Formou e presidiu o Sindicato de Traballadores de Vigo. Ao caer a ditadura de Primo de Rivera reincorporouse como concelleiro de Cangas e, nas eleccións de abril de 1931, formou na candidatura de Alianza Marinera, vencellada ao Partido Republicano Radical Socialista (PRRS).

Encargado de traer a bandeira republicana de Vigo a Cangas, no barco de pasaxe Alegría, con Francisco Eiroa Graña e sería concelleiro socialista de Cangas ata 1936.

Colaborador de Nueva Aurora de Pontevedra e Solidaridad de Vigo.

Executado.

Co golpe de Estado dos rebeldes participou e encabezou o Comité de Defensa da República en Cangas o día 20 de xullo, arengando á xente e dando instrucións para acudir na defensa do Goberno Civil de Pontevedra.

Detido polos franquistas o día 23 de xullo por rebelión militar e ingresado na prisión de Cangas. Máis tarde trasladárono ao cárcere de Pontevedra, onde sufriu maltrato e severas torturas.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Pontevedra o día 19/09/1936, na causa 790/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

O tribunal militar condenou á pena de morte a: Lorenzo-Santiago-Victoriano Corbacho Rodal, Agustín Jorge Etcheverri, Antonio Fernández Fernández, José Meis Martínez, José-Manuel Millán Costas, Víctor Sánchez Mártil e Antonio Varela Vázquez; castigaron coa cadea perpetua a: José-Miguel Carracelas Álvarez, Germán Chapela Leiro, Francisco Cordeiro Refojo, Gumersindo Gastiasoro Ruiz de Azúa, Serafín Gómez González, Joaquín-José Nores Rodríguez e José-Modesto Rodal Lanzós; penas de 20 anos de cadea para Ismael Costas Caamaño; sentenzas de 12 anos e un día para: Manuel Díaz Carballo, Manuel González Dantas, Manuel Sotelo Alonso, Juan Valladares Taboada e Valentín Villar Soliño; pena de seis anos e un día para Evaristo Dobarro Landín; tamén sentenciaron á cadea a Eduardo García Santos; ditaron auto de absolución para: Eugenio Bermúdez Piñeiro, Ramón Costas Otero, Rafael Rodal Lanzós e Manuel Sotelo Suárez; sobresemento para: Indalecio Cruz Ramos; declararon fuxido a José Moreira Espiño. Tamén enxuizaron a: Aniceto Franco Durán, Estanislao Mallo Martínez, Jesús-Daniel Millán Costas, Rufino Miranda Cabral, Ángel-Emilio Nores Rodríguez, Manuel Piñeiro Pastoriza, Ángel Rial Vidal, Camilo Rodal Rodal, Secundino Ruibal Villar, Vicente Sáez Ruiz, Luis Soliño Acuña e Adonis-Jesús Teixeira Alonso.

Fusilado en Pontevedra.

Antes de morrer obrigárono a contraer matrimonio eclesiástico con Concepción e a bautizar aos seus sete fillos; accedeu coa intención de protexer á súa familia despois da súa morte.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.