← Volver atrás

Eiroa Graña, Francisco

Alcume: Pancho Eiroa
Perfil histórico: Sen participación directa

Datos persoais

Nacemento:

Cangas
(Pontevedra)
- 01/01/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cangas
- 01/01/1940 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro e político, 44 anos. Administrador de Transportes Automóbiles. Tivo unha carnicería e unha tenda de comestíbeis.

Correspondente do Faro de Vigo en Cangas.

No ano 1912 fundou e presidiu o Recreo Marítimo, presidente do Pósito de Darbo e presidente da Federación de Pósitos de Galicia de 1925 a 1926; rechazou a reelección. Presidente da Federación Agrícola do Morrazo en 1928. Secretario do III Congreso Provincial Agrario de Pontevedra do día 20/10/1929.

Presentouse ás eleccións municipais de 1917 e de 1922. Concelleiro na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja de 1924 a 1925.

O día 14/04/1931 proclamou a II República en Cangas e encargouse de traer a bandeira republicana desde Vigo (Pontevedra), no barco Alegría, con Lorenzo-Santiago-Vitoriano Corbacho Rodal. O día 18 dese mes elixírono alcalde, permanecendo no cargo ata o triunfo da Fronte Popular (FP), en febreiro de 1936, cando o substituíu Agustín Jorge Etcheverri.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha