← Volver atrás

Meis Martínez, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Encarcerado. Executado

Nacemento:

Sanxenxo
(Pontevedra)
- 02/09/1890 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Caeira, San Salvador de Poio, Poio
(Pontevedra)
- 27/07/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 45 anos. Veciño de Nosa Señora do Carme de Seixo, Marín (Pontevedra). Mestre nacional de Santo Adrán de Cobres, Vilaboa (Pontevedra) de 1917 a 1928. Na II República destinárono a Santo André de Lourizán, Pontevedra (Pontevedra) e no ano 1935 permutou a súa praza pola de Seixo.

Secretario de propaganda da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Vigo (ATEV) da UXT. Membro da directiva da Casa do Mestre de Pontevedra.

Un dos creadores das Xuventudes Socialistas (XXSS) na parroquia de Seixo. Militou no PSOE e, co tempo, en Esquerda Republicana (ER).

Depurado. Encarcerado. Executado.

Prendérono os golpistas e abríronlle un expediente de depuración como mestre.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 12/05/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 790/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

O tribunal militar condenou á pena de morte a: Lorenzo-Santiago-Victoriano Corbacho Rodal, Agustín Jorge Etcheverri, Antonio Fernández Fernández, José Meis Martínez, José-Manuel Millán Costas, Víctor Sánchez Mártil e Antonio Varela Vázquez; castigaron coa cadea perpetua a: José-Miguel Carracelas Álvarez, Germán Chapela Leiro, Francisco Cordeiro Refojo, Gumersindo Gastiasoro Ruiz de Azúa, Serafín Gómez González, Joaquín-José Nores Rodríguez e José-Modesto Rodal Lanzós; penas de 20 anos de cadea para Ismael Costas Caamaño; sentenzas de 12 anos e un día para: Manuel Díaz Carballo, Manuel González Dantas, Manuel Sotelo Alonso, Juan Valladares Taboada e Valentín Villar Soliño; pena de seis anos e un día para Evaristo Dobarro Landín; tamén sentenciaron á cadea a Eduardo García Santos; ditaron auto de absolución para: Eugenio Bermúdez Piñeiro, Ramón Costas Otero, Rafael Rodal Lanzós e Manuel Sotelo Suárez; sobresemento para: Indalecio Cruz Ramos; declararon fuxido a José Moreira Espiño. Tamén enxuizaron a: Aniceto Franco Durán, Estanislao Mallo Martínez, Jesús-Daniel Millán Costas, Rufino Miranda Cabral, Ángel-Emilio Nores Rodríguez, Manuel Piñeiro Pastoriza, Ángel Rial Vidal, Camilo Rodal Rodal, Secundino Ruibal Villar, Vicente Sáez Ruiz, Luis Soliño Acuña e Adonis-Jesús Teixeira Alonso.

Ingresárono na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Ese día 27 de xullo fusilaron na Caeira a: Antonio Fernández Fernández, albanel; José Gallego Nogueira, funcionario; José Meis Martínez, mestre, José-Gabriel Mejuto Bernárdez, mecánico, e Francisco Varela Garrido.

Morte rexistrada en Pontevedra por mor dunha hemorraxia interna.

No ano 1939 ábreselle un expediente por responsabilidades políticas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.