Nacemento:
Morte:
Mecánico e sindicalista, 30 anos. Casou en 1930 con Alejandra Nogueira Lagoa; tiveron dúas fillas e dous fillos: Isabel, Josefina, Fernando e Manuel, todos eles de menos de sete anos cando executaron ao seu pai. Veciños de Cangas. Estudou na Escola Industrial de Vigo (Pontevedra) e traballou en talleres de Bouzas e de Vigo, desde o ano 1928, como mecánico naval. No ano 1930 montou un taller propio en Cangas.
Militante da UXT de Vigo, membro do Sindicato Metalúrxico e da Agrupación Socialista (AS). Formou parte da primeira célula comunista de Cangas con Ángel-Emilio Nores Rodríguez, paseado.
Executado.
Despois do golpe militar segue a residir en Cangas, onde o ameazaron os falanxistas; algún deles eran os seus propios parentes políticos. O día 20/09/1936 prendérono nunha redada da Garda Civil e das XAP en Teis, Vigo, cando estaba na casa das súas medio irmás. Acusárono de ser “comunista de los que no dan la cara”.
Tivérono preso no frontón da rúa María Berdiales, en Vigo, e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra). Deixou 35 cartas escritas desde esta última prisión, entre 1936 e 1937.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar o día 12/05/1937, na causa 79/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Neste consello de guerra xulgaron a: Germán Chapela Leiro, mariñeiro; José Gallego Nogueira, mariñeiro; Gumersindo Gastiasoro Ruiz de Azúa, mestre; Ángel-Francisco-Jesús Martínez Fandiño, mariñeiro; José Meis Martínez, mestre; José-Gabriel Mejuto Bernárdez, mecánico; Agustín Sanjuan Sansinenea, mecánico.
Detido no Frontón de Vigo e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Ese día 27 de xullo fusilaron na Caeira a: Antonio Fernández Fernández, albanel; José Gallego Nogueira, funcionario; José Meis Martínez, mestre, José Mejuto Bernárdez, mecánico, e Francisco Varela Garrido.
Morte rexistrada en Pontevedra por mor dunha hemorraxia interna por fusilamento.
As súas 34 cartas dirixidas a familiares desde a prisión publicáronse e consérvanse na Real Academia Galega (RAG).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.