Nacemento:
Morte:
Comerciante, funcionario, xornalista e político, 38 anos. Parella de Mercedes Cadavid Sánchez, coa que tivo un fillo e unha filla: Francisco e Olga. No ano 1930 casou con Teresa Sanmartín Lois; tiveron tres fillas. Veciños de Cerdedo. Fixo estudos de Maxisterio. Adicouse aos negocios e traballou como comisionista no negocio do seu pai. Xuíz municipal de Cerdedo de 1931 a 1933; secretario do concello de San Pedro de Latarce (Valladolid) en 1934 e, no ano 1936, de Cerdedo.
Detido durante a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, pasou dous meses na cadea e puxérono en liberdade o día 14/12/1934.
Correspondente de El Pueblo Gallego e de El País.
Membro da Sociedade de Labregos de Cerdedo. Militante do PSOE e, máis tarde, de Esquerda Republicana (ER).
Executado.
No momento do alzamento rebelde nomeárono delegado gobernativo en Cerdedo o día 20/07/1936 e esixiulle á Garda Civil que se mantivese do lado da legalidade.
Co triunfo dos golpistas en Cerdedo xa o seguinte día 21, fuxiu ao monte do Seixo e ocultouse no Outeiro das Aveas con Sabino Bugallo Valiñas, concelleiro de ER, e José Torres Paz, presidente local do PSOE; máis tarde escondeuse no Carballiño (Ourense). Rematou por chegar a Monleras (Salamanca), onde se refuxiou coa complicidade do seu sobriño Ramón Cachafeiro Varela, que era falanxista e contratista de obras; quería pasar a Portugal.
Delatado polo boticario de Monleras Francisco Martín, co que xogaba a partida, prendérono nesa localidade o día 02/09/1936 na Fonda da tía Tomasa.
Ingresárono na prisión de Salamanca, na cadea da Escola Normal de Pontevedra e, con posterioridade, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 16/04/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 1306/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Varios veciños cos que tivera certas diferenzas, incluído o cura, declararon na súa contra.
Fusilárono os golpistas na Avenida de Bos Aires, en Pontevedra, cos veciños de Aldán: José Gallego Nogueira, o Neno da Camiña; Antonio Fernández Fernández, o Pavito; José-Gabriel Mejuto Bernárdez, e co mestre do Seixo, Marín, José Meis Martínez.
Morte rexistrada en Pontevedra por mor dun colapso cardíaco.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.