← Volver atrás

Sanmartín Lois, Teresa

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

No ano 1930 casou co comerciante, xornalista e político Francisco Varela Garrido, Pancho Varela; tiveron tres fillas. Veciños de Cerdedo (Pontevedra). Francisco antes fora parella de Mercedes Cadavid Sánchez, coa que tivo un fillo e unha filla: Francisco e Olga. O seu home adicouse aos negocios e foi comisionista no negocio do seu pai, xuíz municipal de Cerdedo de 1931 a 1933 e secretario interino deste concello. Francisco tamén traballou de correspondente de El Pueblo Gallego e de El País.

Francisco Varela era membro da Sociedade de Labregos de Cerdedo e militante do PSOE e, máis tarde, de Esquerda Republicana (ER).

Vítima colateral.

Despois do alzamento rebelde nomearon a Francisco delegado gobernativo en Cerdedo o día 20/07/1936 e pediulle á Garda Civil que se mantivese do lado da legalidade; co triunfo dos golpistas fuxiu ao monte do Seixo e escondeuse no Outeiro das Aveas con Sabino Bugallo Valiñas, concelleiro de ER, e con José Torres Paz, presidente local do PSOE, e, tempo despois, agochouse no Carballiño (Ourense). Rematou por chegar a Monleras (Salamanca), onde se refuxiou coa complicidade do seu sobriño Ramón Cachafeiro Varela, que era falanxista.

Ao seu home delatouno o boticario de Monleras e prendérono nesa localidade o día 02/09/1936, encarcerárono, xulgárono e fusilárono en Pontevedra o día 27/07/1937.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha