← Volver atrás

Bouzas Pérez, María

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurada. Exiliada

Nacemento:

Allariz
(Ourense)
- 28/05/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestra, 28 anos. Casou en 1926 co médico Antonio Fernández Carnicero, exiliado; tiveron dous fillos: Antonio e Roberto. Irmá de Pilar Bouzas Pérez, depurada; outros dous irmáns morreron na guerra. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense. Mestra de Ponte Maior no ano 1936.

Militante do PCE e dirixente da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Ourense (ATEO).

Depurada. Exiliada.

Cesada no seu posto de mestra en agosto de 1936 e destituída por se unha das dirixentes da ATEO.

Pasou a Francia e chegou cos seus fillos a Veracruz (México) o día 16/02/1939, no vapor Orinoco; alí xuntouse co seu home, exiliado xa en 1937.

En México adicouse á ensinanza.

Regresou a España coa súa familia despois da morte de Franco, en agosto de 1978.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha