← Volver atrás

Briones Varela, Arturo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Zaragoza
(Zaragoza)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Boisaca, Santiago de San Caetano, Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 28/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico e político, 35 anos. Casou en 1925 coa mestra Purificación Varela Curbera, depurada. Veciños de Ponte Carreira, Santa Mariña de Gafoi, Frades. Irmán de Cesáreo Briones Varela, fuxido, preso de guerra e logo encarcerado. Estudou a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC), rematou en 1925. Médico municipal de Frades (A Coruña).

Militante e dirixente de Esquerda Republicana (ER) en Frades. Fontes familiares negan esta afiliación e manteñen que o executaron por rivalidade e vinganza.

Executado.

Estivo á fronte do Comité de Defensa da República da Fronte Popular (FP) de Frades para facer fronte aos rebeldes; ordenou a detención dalgunhas persoas das dereitas, que se enviaron a Santiago de Compostela (A Coruña) e que quedaron en liberdade o día 21 de xullo.

Despois do triunfo golpista marchou cara Santiago de Compostela e prendérono os sediciosos.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela o día 16/11/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 331/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilado no cemiterio de Boisaca.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha