Nacemento:
Morte:
Profesor, practicante e político, 31 anos. Casou en 1950 con Sofía Cabana López, viúva desde decembro de 1936 do fusilado Modesto Pasín Noya. Veciños da rúa Hórreo, 22-5º, en Santiago de Compostela. Irmán de Arturo Briones Varela, executado en 1936. Profesor de Matemáticas desde 1928 na Academia Xelmírez e estudante de Medicina, non rematou esta carreira.
Militante da Federación Anarquista Ibérica (FAI). Fundador do Sindicato de Sanidade, da CNT, no ano 1931, do Ateneo Libertario de Santiago de Compostela en 1932 e do Partido Sindicalista (PS). Director da Biblioteca Circulante Comunista Libertaria.
No ano 1934 prendérono varias veces polas súas actividades políticas.
Fuxido. Encarcerado.
Fuxido ao monte Pedroso despois do alzamento, onde se ocultou con Cándido Sánchez Rodríguez, Antonio Ramos Varela e Luis García Pazos. Logo escondeuse na súa propia casa; protexido por un militar logrou pasar a Portugal o día 07/10/1936, estivo preso en Porto e despois a Francia desde onde se incorpora ao combate no Exército Popular republicano no Principado de Asturias.
Detido polos fascistas na fronte asturiana, en Trubia, Oviedo (Principado de Asturias), a finais de 1937.
Internado nun campo de concentración en Luarca (Principado de Asturias).
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela en marzo de 1938, na causa 752/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
No dito procedemento castigaron coa cadea perpetua a: Cesáreo Briones Varela e Luis García Pazos; tamén enxuizaron a Cándido Sánchez Rodríguez.
Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas da Coruña.
Preso na Prisión Provincial da Coruña e posto en liberdade o día 26/04/1940.
Reside despois en Santiago de Compostela onde imparte clases particulares.
Abríronlle un expediente por responsabilidades políticas na Coruña no ano 1941; indultárono en 1941 e tamén en 1960.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.