← Volver atrás

Ramos Varela, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 27/10/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 19/01/1945 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Escritor, sindicalista e político, 32 anos. Veciño da rúa Cantón de San Bieito, 2-3º, en Santiago de Compostela, onde se trasladara a familia cando Antonio era moi novo. Matriculouse na Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Formou parte das Misións Pedagóxicas que recorreron Galicia no ano 1933.

Colaborou en ¡Despertad!.

Militante da Federación Anarquista Ibérica (FAI) en Santiago de Compostela.

Despois da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 desterrárono a Ferrol algo máis dun mes. Volveu a Santiago de Compostela e impartiu clase no Colexio San Buenaventura.

Fuxido. Encarcerado.

Participou na tentativa de resistencia compostelá ao golpe militar.

Cando se decatou de que o enfrontamento deviría sen éxito ocultouse no Monte Pedroso con Luis García Pazos, Cesáreo Briones Varela e Cándido Sánchez Rodríguez; detivérono os golpistas o día 14/12/1936.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela o día 30/12/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 1342/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Preso na cadea en Santiago de Compostela, na que tentou o suicidio cortándose as veas. O día 15/12/1938 trasladárono á Prisión Provincial da Coruña.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas da Coruña, o día 16/02/1943, pola de seis anos de prisión menor.

Puxérono en liberdade condicional o día 06/03/1943.

Morre por mor dunha tuberculose no ano 1945.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha