← Volver atrás

Bustamante Leal, Hipólito

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar. Mariño da Armada, cabo electricista do transporte lixeiro Contramaestre Casado.

Encarcerado.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol polos delitos de rebelión, sedición e “inutilización” (sucesos que ocorreron no Contramaestre Casado cando a tripulación se sumou á tripulación do acoirazado España para facer fronte aos rebeldes) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Neste proceso condenaron á pena de morte a: Julio Álvarez Doval, 23 anos, enfermeiro; Manuel Álvarez Porto, 36 anos, fogueiro; Julio Catalá Jaso, 26 anos, 3º maquinista; Enrique Gámez Criado, 30 anos, 2º auxiliar naval; José-Francisco-Nicolás Leira Piñeiro, 23 anos, fogueiro; Nicolás Noche Pérez, 27 anos, maquinista; Juan Pernas Fernández, 35 anos, maquinista; Daniel Sueiras Brage, 25 anos, mariñeiro e José Vázquez Montero, 38 anos, auxiliar naval.

Tamén castigaron á pena de morte, logo conmutada pola de cadea perpetua, a Antonio Pérez Vidal, 24 anos, fogueiro.

Castigaron a cadea perpetua a: Miguel Fernández Varela, 22 anos, mariñeiro; Luis Gómez Yáñez, 32 anos, mestre de mariñeiría; Manuel Loureiro Rodríguez, 29 anos, cabo de mariñeiría; José Maceiras García, 38 anos, mestre de mariñeiría; Julio Porto Vigo, 29 anos, auxiliar 2º; Antonio Rosas Cano, 25 anos, mariñeiro e Luis Santamaría Gómez, maquinista.

Penas de 20 anos de cadea para: Antonio Amigo Freire, 21 anos, mariñeiro e José-María Rodríguez Pedreira, 27 anos, cabo de mariñeiría. Sentenzas de 12 anos e un día para os mariñeiros Miguel Carrero Pereira, 21 anos; Emilio-Cristino Conde Martínez, 22 anos; Isidoro García Pazos, 21 anos; José País Lapido, 21 anos; Joaquín Pérez Grova, 19 anos e Ramón Rodríguez Rodríguez, tamén 19 anos.

Ao mecánico José Mosquera Ogando declarárono fuxido e en rebeldía, igual que a Hipólito Bustamante Leal, cabo electricista.

Absolveron neste procedemento a: o capitán de corveta Manuel-Pastor Fernández Checa, 39 anos, e o tenente de navío José Sáenz de Cenzano Ponce de León, 31 anos; o mariñeiro escribinte Marcelino Flórez López, 24 anos; o mariñeiro tambor Manuel Mora Santiago e os mariñeiros Daniel Campano Ferro, 25 anos; Antonio Cordero Louzán, 27 anos (da dotación do Velasco); José-María Pérez Mayobre, 25 anos e Julio Vázquez González, 19 anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.