← Volver atrás

Caldas Iglesias, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 17/01/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
- 12/05/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Metalúrxico e mestre, 38 anos. Casado; tiñan tres fillos e unha filla: Carmen. Veciños da rúa Casas Baratas de San Roque, en Vigo. Mestre de taller na Escola Elemental de Traballo de Vigo.

Membro da Agrupación Socialista (AS) de Vigo, onde o elixiron concelleiro en 1931 e en 1936. Membro da Sociedade de Canteiros de Vigo, da UXT.

Executado.

Despois do golpe militar prendérono os sublevados con toda a corporación viguesa.

Xulgado en Vigo en consello de guerra sumarísimo polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste consello de guerra procesaron a: José Caldas Iglesias, metalúrxico; Antonio Carballo Vázquez, industrial, e Julio Vilaboa Villar, pintor.

José recibiu dúas sentenzas de condena á pena capital e executárono ás 11:00 h no Monte do Castro, en Vigo.

Morte rexistrada en Vigo por mor de intensa hemorraxia interna.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha